Xogamos a Porquelandia coa súa autora, Ledicia Costas
Apetéceche descubrir Porquelandia dunha forma moi especial? Ven xogar ao xogo de mesa xunto á súa autora, Ledicia Costas, e goza dunha experiencia única arredor do xogo e da creatividade.
Neste obradoiro poderás coñecer o xogo, aprender a xogar e compartir unha partida con outras persoas afeccionadas aos xogos de mesa, acompañados pola propia autora.
👧 Idade: actividade recomendada para persoas a partir de 6 anos.
👨👩👧 Menores de idade: as persoas menores de idade deberán estar acompañadas por unha persoa adulta durante a actividade. Nestes casos, deberán inscribirse tanto a persoa menor como a persoa adulta acompañante.
👥 Prazas limitadas: o obradoiro terá un máximo de 20 persoas. As prazas asignaranse por orde de inscrición.
✨ Unha oportunidade para xogar, descubrir Porquelandia e compartir mesa coa súa autora.
¡XOGAMOS, CREAMOS E COMPARTIMOS A MAXIA DE PORQUELANDIA!