Dalle Xogo

galego concurso de cartel dálle xogo 2026

Concurso do cartel

concurso cartel galego

BASES DO CONCURSO DE CARTEL PARA O FESTIVAL DALLE XOGO 2026 ​

1. OBXECTO DA CONVOCATORIA

A organización do Festival Dalle Xogo convoca un concurso para a creación do cartel oficial da súa próxima edición. O obxectivo é fomentar a participación creativa e dar visibilidade ao talento artístico da comunidade.


2. PARTICIPANTES

Poderá participar calquera persoa interesada, sen límite de idade nin lugar de residencia. A participación pode ser individual ou en grupo (nese caso nomearase a un/a representante).


3. TEMA

O cartel deberá reflectir o espírito do festival: o xogo como ferramenta de encontro, diversión e aprendizaxe, sen o uso de pantallas. Valorarase a creatividade, orixinalidade e a capacidade de transmitir os valores do lecer educativo e social a través dos xogos de mesa.


4. REQUISITOS DA OBRA

O cartel deberá ser unha creación orixinal e inédita.
Deberá adaptarse a distintos formatos: cartel impreso (A3), roll-up, redes sociais (Instagram, Facebook), e flyers (A5).
Poderase utilizar calquera técnica artística (manual ou dixital), pero a entrega debe facerse en formato dixital.
Formato final de entrega:
Tamaño mínimo: A3 (297 x 420 mm)
Resolución: 300 ppp (dpi)
Formato: JPG ou PNG + arquivo editable (PSD, AI ou similar)
O deseño debe permitir a inclusión do nome do festival, datas, localización e logotipos de entidades colaboradoras, polo que deberá deixar un espazo destinado a texto.


5. PRESENTACIÓN

As propostas deberán enviarse ao correo electrónico: dallexogo@gmail.com co asunto: Concurso Cartel Festival Dalle Xogo 2026, incluíndo:
O cartel en formato dixital (segundo especificacións do punto anterior).
Nome completo do autor/a ou colectivo.
Idade e lugar de residencia.
Declaración asinada de que a obra é orixinal e inédita.
Data límite de recepción: 21 de agosto de 2026


6. PREMIO

O cartel gañador recibirá un premio único de 400 € (catrocentos euros), que se fará efectivo mediante transferencia bancaria. A obra premiada utilizarase como imaxe oficial do festival en todos os soportes de difusión.


7. XURADO

O xurado estará composto por membros da organización. O xurado resérvase o dereito de declarar o premio deserto se as obras presentadas non cumpren cos requisitos ou calidade mínima.


8. DEREITOS DE AUTOR

A persoa gañadora cederá os dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública do cartel á organización do festival, exclusivamente para fins relacionados coa promoción do evento. O autor ou autora conservará en todo momento a propiedade intelectual da obra.
As obras non premiadas seguirán sendo propiedade dos seus autores/as e non serán utilizadas sen o seu consentimento.


9. ACEPTACIÓN DAS BASES

A participación neste concurso implica a total aceptación destas bases. Calquera aspecto non previsto será resolto pola organización.