xoga con nuria Vita
Academia de Investigación
Apetéceche descubrir e probar un xogo que aínda está tomando forma?
O domingo 27 de setembro, Nuria Vita vos mostrará o prototipo Academia de Investigación creado polo equipo NeuroPGA, Nuria Nicolau. Terás a oportunidade de sentarte á mesa e xogar unha partida con ela.
Unha experiencia para coñecer de preto un xogo en desenvolvemento, descubrir as súas mecánicas e vivir en primeira persoa o proceso de creación dun prototipo.
Nuria compartirá a idea que hai detrás de Academia de Investigación, explicará como funciona e acompañará as persoas participantes durante a partida.
Unha oportunidade para probar algo novo, xogar e achegar as túas impresións á evolución dun xogo de mesa.
¡Ven descubrir, investigar e xogar a Academia de Investigación!