torneo fast factory
🏭 Monta rápido, pensa mellor e convirtete na persoa máis rápida da fábrica! En Fast Factory terás que demostrar a túa habilidade e capacidade de reacción para superar os retos de montaxe antes que o teu rival.
Pon a proba a túa rapidez e precisión mentres intentas completar correctamente cada reto. Un pequeno erro pode facerche perder unha valiosa vantaxe!
Cada partida será un novo desafío: observa, pensa rápido, monta correctamente e consegue as túas tarxetas de reto antes ca o teu rival.
Como será o torneo?
Un máximo de 8 participantes competirán de forma individual. Na primeira fase haberá 4 enfrontamentos de 2 xogadores. As persoas gañadoras pasarán ás semifinais e, despois, as dúas persoas gañadoras disputarán a gran final.
🏁 En cada enfrontamento, gañará a persoa que consiga completar primeiro 3 tarxetas de reto.
👧 Idade: actividade dirixida a persoas a partir de 8 anos.
👨👩👧 Menores de idade: as persoas menores de idade deberán contar coa autorización do seu pai, nai ou representante legal para participar no torneo.
✨ Se che gustan os xogos rápidos, os retos e competir contra o reloxo… este torneo é para ti!
¡PREPARA A FÁBRICA, QUE AQUÍ VÉSE A MONTAR!
Inscrición: Para participar no torneo é necesario completar o formulario de inscrición que aparece a continuación.
No formulario pediremos os datos necesarios para xestionar a participación no torneo, como nome, apelidos, idade e correo electrónico.
Menores de idade: as persoas menores de idade deberán contar coa autorización do seu pai, nai ou representante legal para participar no torneo.
Se as 8 prazas están completas, as seguintes persoas poderán quedar en lista de espera para cubrir posibles baixas.
📌 Prazas limitadas
Non quedes fóra!
Non o penses moito… as primeiras persoas en apuntarse teñen a praza asegurada!