Misión LEGO: ¡Prepárate para pensar coas máns!
¡LEGO® Serious Play®: pensa, constrúe e comparte!
Neste obradoiro xogamos moi en serio coa metodoloxía oficial LEGO® Serious Play®. Acepta o desafío e entra nunha zona de xogo onde a túa misión será resolver retos utilizando as túas máns e o pensamento visual.
Aquí non se trata só de construír, senón de pensar coas máns, transformar ideas en construcións e compartilas co resto do equipo. Cada peza pode representar unha idea, unha solución ou unha nova forma de ver un reto.
A través de diferentes desafíos, terás que poñer en xogo a túa creatividade, capacidade de análise, comunicación e traballo en equipo, buscando solucións mentres constrúes e experimentas.
Optimiza as túas pezas, xestiona o tempo, constrúe as túas propias ideas e traballa en equipo. Non hai unha única forma correcta de construír: o teu modelo será a túa maneira de expresar e desenvolver as túas ideas.
Unha experiencia participativa na que todas as persoas constrúen, explican, escoitan e achegan para avanzar xuntas cara a novas solucións.
¡¡As pezas están listas!! Atréveste a xogar?
📩 Inscrición: Para participar na actividade é necesario completar o formulario de inscrición que aparece a continuación.
📝 No formulario pediremos os datos necesarios para xestionar a participación na actividade, como nome, apelidos, idade e correo electrónico.
👨👩👧 Menores de idade: as persoas menores de idade deberán contar coa autorización do seu pai, nai ou representante legal para participar na actividade.
⏳ Prazas limitadas: a actividade conta cun número limitado de prazas, que se asignarán por orde de inscrición.
📌 Prazas limitadas
¡Non quedes fóra!
Non o penses moito… ¡as primeiras persoas en inscribirse teñen a praza asegurada!
Apúntate xa e asegura o teu lugar na mesa.