torneo de la cuenta
¡Torneo La Cuenta!
¿Gústanche os retos, as decisións e poñer a proba a túa capacidade para aforrar? ¡Prepárate para competir no Torneo La Cuenta!
En La Cuenta terás que tomar boas decisións, xestionar as túas cartas e conseguir aforrar máis ca os teus rivais. ¡Cada decisión pode marcar a diferenza!
O obxectivo é rematar a partida coa maior cantidade de aforros posible. Terás que xogar as túas cartas con intelixencia e estar pendente dos teus rivais ata o final.
¿Como será o torneo?
O torneo será de participación individual e estará aberto a un máximo de 12 participantes.
Na primeira fase disputaranse 2 partidas de 6 xogadores. Ao finalizar cada partida, térase en conta a cantidade de aforros de cada participante.
As 3 persoas con máis aforros de cada mesa pasarán á gran final, formando unha partida final de 6 xogadores.
Na final disputarase unha partida completa de La Cuenta seguindo as regras do xogo. A persoa que remate con máis aforros será a campiona do torneo.
Idade: actividade dirixida a persoas a partir de 10 anos.
Menores de idade: as persoas menores de idade deberán contar coa autorización do seu pai, nai ou representante legal para participar no torneo.
Se che gustan os xogos de estratexia, as decisións e conseguir que os teus aforros medren… ¡este torneo é para ti!
¡FAI BEN AS TÚAS CONTAS E CONSEGUE SER QUEN MÁIS AFORRA!
Inscrición: Para participar no torneo é necesario completar o formulario de inscrición que aparece a continuación.
No formulario pediremos os datos necesarios para xestionar a participación no torneo, como nome, apelidos, idade e correo electrónico.
Menores de idade: as persoas menores de idade deberán contar coa autorización do seu pai, nai ou representante legal para participar no torneo.
Se as 12 prazas están completas, as seguintes persoas poderán quedar en lista de espera para cubrir posibles baixas.
📌 Prazas limitadas
¡Non te quedes fóra!
Non o penses moito… ¡as primeiras persoas en apuntarse teñen a praza asegurada!
👉 ¡Apúntate xa e asegura o teu lugar na mesa!