torneo pelusas
¡Torneo Oficial Pelusas!
¿Gústanche os retos, a estratexia e as partidas cheas de sorpresas? ¡Prepárate para competir no Torneo Oficial Pelusas!
Ven gozar dunha partida de Pelusas, demostra as túas habilidades e loita por conseguir a clasificación para a gran final.
Como será o torneo?
O torneo seguirá as normas oficiais de Pelusas e estará aberto a un máximo de 12 participantes.
🔥 As partidas disputaranse seguindo o formato establecido para os torneos oficiais, e a clasificación decidirase segundo os resultados obtidos en cada partida.
🏅 A persoa gañadora do torneo conseguirá a clasificación para a Final de InterOcio 2027.
🎁 Premio para a persoa gañadora: un exemplar de Pelusas Revolution e unha pelucha.
🃏 Ademáis, as persoas participantes recibirán cartas especiais como parte da experiencia do torneo.
👥 Prazas: máximo 12 participantes.
🎂 Idade mínima: 8 anos.
📌 ¡Prazas limitadas!
¡Non quedes fóra!
Non o penses moito… ¡as primeiras persoas en apuntarse teñen a praza asegurada!
¡Apúntate xa e asegura a túa praza no torneo!
Inscrición: Para participar no torneo é necesario completar o formulario de inscrición que aparece a continuación.
No formulario pediremos os datos necesarios para xestionar a participación no torneo, como nome, apelidos, idade e correo electrónico.
Menores de idade: as persoas menores de idade deberán contar coa autorización do seu pai, nai ou representante legal para participar no torneo.
Se as 12 prazas están completas, as seguintes persoas poderán quedar en lista de espera para cubrir posibles baixas.
📌 Prazas limitadas
¡Non quedes fóra!
Non o penses moito… ¡as primeiras persoas en apuntarse teñen a praza asegurada!
👉 Apúntate xa e asegura a túa praza no torneo.