Xogar fainos máis listos?
Escenario
26/9/2026
17:30 a 18:30
🧠 ¿Que acontece no noso cerebro cando xogamos?
Nuria Vita convídanos a descubrir que sucede no noso cerebro cando nos poñemos a xogar. Porque detrás dun simple «imos xogar» hai moito máis do que parece.
Pode o xogo axudarnos a aprender, desenvolver habilidades e pensar mellor? A través da ciencia e da curiosidade, Nuria Vita achegaranos a todo o que acontece no noso cerebro mentres xogamos e a como o xogo pode influír na nosa forma de aprender e relacionarnos.
Unha charla para descubrir, desde unha mirada científica e próxima, todo o que se agocha detrás de algo tan sinxelo —e tan divertido— como xogar.
Porque cando xogamos, o noso cerebro tamén está xogando… e aprendendo.