torneo friegas tú
🧽 Fregar nunca foi tan divertido! Xoga ben as túas cartas, porque se non… ¡tocarache fregar todo o que deixe o resto!
En Friegas Tú terás que poñer a proba a túa estratexia, pensar ben cada xogada e intentar desfacerte de todos os teus cacharros antes que ninguén.
Cada carta pode cambialo todo: xoga no momento axeitado, intenta desfacerte dos teus cacharros e evita acabar cunha montaña de pratos por fregar.
¿Como será o torneo?
A fase previa xogarase en dúas mesas de ata 6 xogadores.
🏅 A persoa gañadora de cada mesa pasará directamente á final.
🃏 Ademais, os 3 xogadores de cada mesa que rematen con menos cartas tamén pasarán á final.
🔥 En total, 6 xogadores disputarán a final para decidir quen se converte na persoa gañadora do torneo.
🎁 Premio: a persoa gañadora da final levará unha copia do xogo Friegas Tú.
👧 Idade: actividade dirixida a persoas a partir de 8 anos.
👨👩👧 Menores de idade: as persoas menores de idade deberán contar coa autorización do seu pai, nai ou representante legal para participar no torneo.
Se che gustan os xogos rápidos, as decisións estratéxicas e as partidas cheas de risas e pique… este torneo é para ti!
¡XOGA BEN AS TÚAS CARTAS… OU TOCARACHE FREGAR!
📩 Inscrición: Para participar no torneo é necesario completar o formulario de inscrición que aparece a continuación.
📝 No formulario pediremos os datos necesarios para xestionar a participación no torneo, como nome, apelidos, idade e correo electrónico.
👨👩👧 Menores de idade: as persoas menores de idade deberán contar coa autorización do seu pai, nai ou representante legal para participar no torneo.
⏳ Se as 12 prazas están completas, as seguintes persoas poderán quedar en lista de espera para cubrir posibles baixas.
📌 Prazas limitadas
¡Non quedes fóra!
Non o penses moito… ¡as primeiras persoas en inscribirse teñen a praza asegurada!
Apúntate xa e asegura o teu lugar na mesa