Espazo de xogo con down compostela
🎲 Un espazo para descubrir o xogo desde outra mirada. Xogando cos rapaces e rapazas de Down Compostela, coñecendo e descubrindo como podemos adaptar e desfrutar dos xogos para que todas e todos teñamos o noso lugar na mesa.
Durante esta actividade serán eles e elas quen nos descubran os seus xogos favoritos, nos expliquen como xogar e compartan connosco as súas experiencias arredor do xogo de mesa: Pelusas e Serpentina.
Unha oportunidade para aprender xuntos, compartir, probar novas formas de xogar e descubrir que, con pequenos cambios e un pouco de imaxinación, podemos facer que moitos xogos estean ao alcance de máis persoas.
Porque xogar tamén é unha maneira de coñecernos, de relacionarnos e de crear espazos nos que todas as persoas poidan participar, divertirse e sentirse parte do grupo.
✨ ¡Ven xogar connosco e descubre que
na mesa hai sitio para todas e todos!