Dalle Xogo

autores convidados

Autores convidados

ledicia costas 2025 5
Foto realizada por: Haidée Valencia

Ledicia Costas Álvarez (Vigo, 1979), é unha das autoras máis recoñecidas e traducidas da literatura galega. Publicou máis de corenta títulos de LIX, narrativa adulta e poesía en galego e español, que se editaron ademáis en linguas como o alemán, o persa, o coreano, o italiano ou o búlgaro. En 2022 publicou o poemario Ultraluz (XX Premio de Poesía Afundación). No campo da LIX conta co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (2015, Ministerio de Cultura) e é a única autora que gañou o Premio Lazarillo en tres ocasións. En 2020 recibiu o Premio da Cultura de Galicia de Creación Literaria i en 2023 foi distinguida pola Xunta de Galicia coa Medalla Castelao. No ámbito internacional foi merecedora de recoñecementos como o premio White Ravens ou a inclusión na Lista de Honra de Ibby. En 2024 recibiu o premio Zenda i en 2025 gañou o premio O Barco de Vapor e o Premio Arcebispo San Clemente.

Pero a creatividade de Ledicia Costas tamén se extende ao mundo dos xogos de mesa e aos libros-xogo, explorando a imaxinación, a creación de historias e o xogo coa linguaxe. Entre as súas propostas destacan: Porquelandia, Era unha vez un dominó, Bruxas e dragóns: Babá Iaga. 

Nesta edicción de Dálle Xogo estará presente cun encontro arredor dun dos seus xogos: Porquelandia. 

foto jorge tabanera
Imagen cedida por Jorge Tabanera

 Jorge Tabanera Redondo, coñecido en redes como «Gatotonto», é un ilustrador e deseñador de xogos de mesa español con máis de 20 anos de experiencia en ilustración e publicidade. A súa paixón polo debuxo vén desde sempre, cos cómics de Bruguera (Mortadelo e Filemón, Súpers López) como primeiros referentes artísticos.

Como autor e ilustrador creou Fregas ti e Barrio, actualmente publicados por Rocket Lemon e xa distribuídos en varios países, alén de Trasteros S.A. (Brainpicnic), Urban Sketchers (DMZ), Cudillero (TCG) e Ardillas Glotonas (Arrakis). Este ano publicará Nakasendo con Little Rocket Games, e o ano que vén lanzará Cambodia con Tranjis Games.

Como ilustrador conta cunha traxectoria máis ampla, participando en títulos como Conservas (Salt & Pepper), CITIES, Phoenix New Horizon, O Quebracababezas Voynich, Foxglove Farm, Chocolate Factory: Remastered Edition, Adamastor, Cathood e varios títulos máis que están por chegar.

Como xogador, defínese polo seu gusto cara aos eurogames e os deseños que depuran a mecánica ata o esencial, citando clásicos como Castillos de Borgoña ou Puerto Rico entre os seus referentes favoritos. 

foto nuria
Foto de: https://nuriavita.com/

Nuria Vita Barrull. Graduada en Psicoloxía, Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria e Doutora en Psicoloxía pola Universidade de Lleida (UdL). Profesora Axudante Doutor na área de Psicoloxía Básica, Coordinadora do Grao en Psicoloxía e Investigadora no grupo Neuropsicología, xenes e ambiente (NeuroPGA) na UdL. 

A súa liña de investigación centrouse no uso de xogos de mesa modernos para o adestramento de funcións executivas no contexto escolar, así como en poboacións clínicas e persoas maiores. Actualmente participa en diversos proxectos de deseño de serious games do ámbito da psicoloxía e a educación. 

Tamén é vogal da Xunta Reitora da Delegación de Lleida do Col•legi Oficial de Psicologia de Catalunya e coordinadora do Grupo de Traballo Prácticas Lúdicas en Psicoloxía no mesmo colexio. É ademais vogal da asociación cultural Ment Lúdica, na que se encarga da organización da programación formativa das actividades da asociación, especialmente na xornada Ment Lúdica que se celebra anualmente na UdL.