Dalle Xogo

hitster

Torneo hitster

Jumbo
18:30

🎵 Chega o Torneo de HITSTER a Dalle Xogo! 🎉

logo diset

Es dos que escoitan unha canción e ao segundo xa sabes de que ano é? Encántache a música, os xogos de mesa e os retos entre amigos? 

Entón non te podes perder o Torneo de Hitster que organizamos en Dalle Xogo.
Vivirás unha experiencia musical diferente, divertida e moi competitiva. Hitster é un xogo para amantes da música no que terás que escoitar fragmentos de cancións e colocalas correctamente nunha liña temporal. Parece fácil… ata que che soa ese temazo dos 2000 que non sabes se saíu antes ou despois do hit dos 90!
🎧 Non necesitas ser un experto musical, só deixarte levar pola túa intuición, a túa memoria e as emocións que espertan os grandes éxitos de todos os tempos. Unha partida rápida, dinámica e con moitas risas aseguradas.
🎉 Ademáis, só por participar gozarás dun ambiente incrible, descubrirás (ou redescubrirás) cancións míticas, e poderás levar á casa un fantástico xogo Hitster se consegues a vitoria.
🔞 Idade mínima: A partir de 16 anos
🎁 Premio: Un xogo Hitster para a persoa gañadora!

foto para hitster

✉️ Inscrición: É preciso inscribirse enviando un correo a dallexogo@gmail.com
indicando:
👉 Torneo Hitster
👉 Nome
👉 Apelidos
👉 Idade

📌 Prazas limitadas

Non te quedes fóra!

Non o penses moito… os primeiros en apuntarse teñen praza asegurada!

Ven só ou con amigos, e prepárate para gozar dun torneo que mestura música, nostalxia e diversión como ningún outro.